miércoles, 30 de enero de 2019


                                                            VISITA DAS MAIORES
O luns pasamos un día xenial! 
A clase encheuse dun ambiente especial onde compartimos receitas, comida e xogos.
E ademais as nosas convidadas agasalláronnos cun libro de receitas escrito por elas mesmas.
Todos e todas desexamos que chegue axiña a próxima xuntanza.

Experimento con rampas

Que lle pasa a un obxecto cando o tiramos por un plano inclinado?
Que obxectos se deslizarán mellor por el? Cales chegarán máis lonxe?  A que distancia chegará cada un?
Fixémonos todas estas preguntas, e tratamos de aventurar a nosa resposta antes de comprobalo, escribindo as nosas predicións na folla de rexistro.  É dicir: fixemos hipóteses. Así funciona o método científico!
https://photos.app.goo.gl/VpWHxKBo3nSSGekm9

Despois, montamos o plano inclinado no pasillo, e comprobamos as nosas predicións. Vimos que hai obxectos que se deslizan moi ben e que chegan moi lonxe, mentres que outros deslízanse con dificultade ou mesmo quedan parados.
A conclusión á que chegamos é que os obxectos que teñen forma redondeada deslízanse moito mellor.
Xa o pensábamos...pero agora sabémolo de certo!

viernes, 25 de enero de 2019

NACHOS CON GUACAMOLE




Tras ler e analizar en equipos a receita de nachos con guacamole chegou a hora de cociñar.
Aproveitamos para estimar o peso dos diferentes ingredientes e pesar na balanza.
Quedou  rico?O que está claro é que no prato non  quedou nadiña.

Fotógrafa: María Millán.

jueves, 24 de enero de 2019

Nachos con guacamole


https://photos.app.goo.gl/bSNc8rjn4MXenJMV9

Durante este trimestre, en segundo imos facer algunhas receitas de cociña.
A primeira que traballamos foi a de nachos con guacamole.
Primeiro lemos a receita e, por equipos, tratamos de averiguar que utensilios precisaríamos para facer o guacamole. Díxonos a profe que ela só ía traer os que nós dixésemos Certámolos todos! Máis nos valía, senón non poderíamos facer o guacamole... :-)
Despois fixemos o guacamole. Organizámonos por equipos, e cada equipo tiña que facer algúns dos pasos recollidos na receita.
Foi moi doado, porque a nós dásenos moi ben isto de cociñar.
Deixámosvos a receita, por se queredes practicar na casa. Ollo co picante, non vos pasedes!

martes, 25 de diciembre de 2018

Festa de Nadal

No último día de clase do trimestre fixemos unha pequena festa para celebrar a chegada das festas.
Todo o alumnado trouxo algunha larpeirada, e entre todas tiñamos unha mesa do máis surtida.
Radio Lombiña estaba presente na festa, e fixo un montón de entrevistas. 
https://photos.app.goo.gl/EkYVKtmxeDYdBHLDA

E ademais....recibimos a visita de Papá Noel!! Coa súa barba branca e o seu traxe vermello, chegou á nosa clase e contounos un montón de cousas.
Agardamos que vos traxese moitos regalos esta Noiteboa. E, sobre todo, o regalo principal, que é estar coa nosa xente.
Felices Festas!!

Que é iso das eleccións?

Un dos contidos recollidos no noso currículum é o exercicio activo da cidadanía: coñecer como se organiza socialmente a nosa contorna e as súas formas de goberno, e ser conscientes da importancia do exercicio activo da cidadanía para unha convivencia pacífica.
As profes de segundo pensamos que a mellor maneira de explicar o tema era facendo que o vivisen, así que organizamos unhas "eleccións".

Organizáronse por equipos, que viñan a ser os partidos, e cada un tiña que facer un programa para os distintos aspectos da vida cotiá: educación, sanidade, ocio...
Despois, as profes recollemos todos os "programas" nunha folla, imprimímola e así puideron ler todos e escoller o que lles gustaba máis, escribindo o seu nome no voto.
Os nomes dos "partidos" eran do máis simpático: Flash, Os mellores, Cambiar o mundo, Pros, Los mejores ganadores...
Foi unha experiencia interesante, que lles permitíu entender un pouco mellor como é iso das eleccións.
https://photos.app.goo.gl/z2uhf5SG2nDnQv3e9
Ao traballar en equipo exercitáronse en habilidades básicas, como respectar as intervencións de outras persoas aínda que non esteamos de acordo coas súas propostas, tratar de chegar a un acordo de xeito consensuado, levantar a man para intervir...
Estar as dúas clases xuntas tamén foi gratificante e enriquecedor. Haino que repetir!