Un dos contidos recollidos no noso currículum é o exercicio activo da cidadanía: coñecer como se organiza socialmente a nosa contorna e as súas formas de goberno, e ser conscientes da importancia do exercicio activo da cidadanía para unha convivencia pacífica.
As profes de segundo pensamos que a mellor maneira de explicar o tema era facendo que o vivisen, así que organizamos unhas "eleccións".
Organizáronse por equipos, que viñan a ser os partidos, e cada un tiña que facer un programa para os distintos aspectos da vida cotiá: educación, sanidade, ocio...
Despois, as profes recollemos todos os "programas" nunha folla, imprimímola e así puideron ler todos e escoller o que lles gustaba máis, escribindo o seu nome no voto.
Os nomes dos "partidos" eran do máis simpático: Flash, Os mellores, Cambiar o mundo, Pros, Los mejores ganadores...
Foi unha experiencia interesante, que lles permitíu entender un pouco mellor como é iso das eleccións.
Ao traballar en equipo exercitáronse en habilidades básicas, como respectar as intervencións de outras persoas aínda que non esteamos de acordo coas súas propostas, tratar de chegar a un acordo de xeito consensuado, levantar a man para intervir...
Estar as dúas clases xuntas tamén foi gratificante e enriquecedor. Haino que repetir!
valla tristeza guaguaguaguagua
ResponderEliminar