En 2º A seguimos experimentando cos planos inclinados.
Este segundo experimento consiste en variar a inclinación do plano, e ver que efecto ten esa variación na velocidade do obxecto lanzado por el abaixo, e na distancia percorrida por ese obxecto.
Primeiro fixemos as nosas hipóteses: que pasará se aumento a inclinación do plano? Irá o obxecto máis rápido ou máis lento? A que distancia chegará?
Despois, fixemos as nosas comprobacións, a base de observación e cinta métrica.
Observamos que canto máis alta é a plataforma de apoio, máis velocidade colle o obxecto, e máis lonxe chega.
Mostrando entradas con la etiqueta plano inclinado. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de febrero de 2019
miércoles, 30 de enero de 2019
Experimento con rampas
Que lle pasa a un obxecto cando o tiramos por un plano inclinado?
Que obxectos se deslizarán mellor por el? Cales chegarán máis lonxe? A que distancia chegará cada un?
Fixémonos todas estas preguntas, e tratamos de aventurar a nosa resposta antes de comprobalo, escribindo as nosas predicións na folla de rexistro. É dicir: fixemos hipóteses. Así funciona o método científico!
Despois, montamos o plano inclinado no pasillo, e comprobamos as nosas predicións. Vimos que hai obxectos que se deslizan moi ben e que chegan moi lonxe, mentres que outros deslízanse con dificultade ou mesmo quedan parados.
A conclusión á que chegamos é que os obxectos que teñen forma redondeada deslízanse moito mellor.
Xa o pensábamos...pero agora sabémolo de certo!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)