viernes, 23 de noviembre de 2018

Ovo en vinagre

Que sucede se metemos un ovo en vinagre durante uns días?
Como non sabíamos a resposta, fixemos a proba.
Collemos un recipiente, o ovo que quedou do anterior experimento (si que nos rendeu!), e vinagre, e a probar, que a ciencia é probar e observar.
https://photos.app.goo.gl/pxx7arRVZPc3i9Qb7

Fixemos as nosas hipóteses (poñerase marrón? poñerase engurrado? escachará?...), e fomos observando os cambios día a día.
Hoxe tocaba mirar o resultado.
O primeiro que observamos é que...cheiraba un montón!
Despois, quitamos o vinagre e puidemos ver que o ovo estaba translúcido e brando.E rebotaba!
Bueno, iso no primeiro intento. No segundo...escachou!
Ao escachar, observamos que aínda que perdeu a casca, tiña unha pel branda que o recubría.
Parece que o vinagre desgasta algúns materiais...
A semana que vén probaremos cun óso!

jueves, 22 de noviembre de 2018

A igualdade



25 de novembro; Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

martes, 20 de noviembre de 2018

Simetrías

Durante este trimestre, unha das cousas que estamos traballando en matemáticas é o concepto de simetría.
Para iso fixemos varias actividades:
  • Observar debuxos poñendo un espello no medio, para ver no espello o reflexo simétrico.
  • Dobrar unha folla á metade, recortala e pintala de xeito simétrico.
  • Utilizando unha liña das baldosas do chan como eixe de simetría, realizar unha composición simétrica coas regletas de cores. 

https://photos.app.goo.gl/vrfeJ5WzQpJTd3WJA

Estas actividades tiveron moi boa acollida, pasárono moi ben con elas e quedoulles claro o concepto.
Aí vos quedan varias fotos do último exercicio. Xogando, apréndese! 

lunes, 19 de noviembre de 2018

LIMPEZA DA PRAIA DA CORNA



O alumnado de infantil e primaria limpamos  a Praia da Corna. recollemos todo tipo de lixo, clasificámolo e pesámolo. Sabedes cantos kg de plástico recollemos os segundos? Máis de 7 kg!

viernes, 16 de noviembre de 2018

Experimento sobre densidade

 Dentro da proposta de traballo que vimos de rematar en 2ºA, unha das actividades de Ciencias foi o experimento do ovo flotante. 
Consiste en poñer un ovo en tres vasos dos que un só ten auga, outro auga con dúas culleradas de sal, e outro auga con cinco culleradas de sal.
Fixémolo e observamos que pasaba en cada caso.

https://photos.app.goo.gl/QrGwc4uNwsyiDwK7A
Pincha na imaxe para ver máis fotos do experimento

Despois, recollíamos os resultados na folla de rexistro, indicando se o ovo flotaba, ía para o fondo ou quedaba a medias.
Teño que subliñar que o ovo sobrevivíu a dúas semanas de manipulacións por parte de todo o grupo... Merecemos un aplauso, non? :-)




lunes, 5 de noviembre de 2018

Pum, pum!

O pasado mércores fomos ao Auditorio de Ribeira, para ver unha obra de teatro.
A obra era "Pum, pum!", e o grupo que a representaba chámase Baobab.
https://photos.app.goo.gl/46hCHcTPUF2faciLA

Tratábase dunha nena chamada Marieta, que vivía rodeada de portas. Esas portas eran os seus recordos, e cando se abrían contaban historias que algunha vez lle pasaran a Marieta.
Pero unha das portas gardaba un segredo moi triste, por iso ás veces Marieta non falaba e quedaba calada.
O día que Marieta conseguíu contar ese segredo, librouse do seu peso e puido volver a estar alegre todo o tempo.
A obra gustounos moito. E viaxar no bus os dous segundos xuntos tamén!!