O mércores fixemos unha interesante actividade con lixo, organizada por un colectivo que se chama "Retoque Retro".
Xuntámonos os dous segundos na aula de usos múltiples, e alí puxéronnos sobre un plástico un montón de cousas atopadas na praia. Xa sabedes: lixo.
Que non vale para nada? Iso dicídelo vós! Nós fixemos de todo con el: bolsos, raquetas, peixes, barcos, pulseiras...de todo!
Mirade as fotos, veredes que ben o pasamos.
E recordade: temos que consumir menos, para xerar menos lixo.
Que o noso mar está ateigado del!!
Mostrando entradas con la etiqueta lixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lixo. Mostrar todas las entradas
viernes, 14 de diciembre de 2018
lunes, 19 de noviembre de 2018
LIMPEZA DA PRAIA DA CORNA
O alumnado de infantil e primaria limpamos a Praia da Corna. recollemos todo tipo de lixo, clasificámolo e pesámolo. Sabedes cantos kg de plástico recollemos os segundos? Máis de 7 kg!
miércoles, 17 de octubre de 2018
Visita de Che Tembra
![]() |
| Che Tembra en plena faena |
Esta mañá estivo no cole Che Tembra.
Che é un artista diferente, porque traballa cun material moi peculiar: o lixo!
Utiliza sobre todo madeiras vellas e metais que proceden de vellos aparellos en desuso. Con imaxinación e moitas horas de traballo, é quen de converter uns anacos enferruxados nunha fermosa obra de arte.
Fíxonos unha demostración práctica, e puidemos ver como dunhas pezas vellas saían follas, estrelas e corazóns.
Aquí vos queda unha foto de Che traballando.
Se premedes nela, podedes acceder ao álbum onde están tódalas demais fotos que fixemos esta mañá.
A que son chulas?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


