Para iso fixemos varias actividades:
- Observar debuxos poñendo un espello no medio, para ver no espello o reflexo simétrico.
- Dobrar unha folla á metade, recortala e pintala de xeito simétrico.
- Utilizando unha liña das baldosas do chan como eixe de simetría, realizar unha composición simétrica coas regletas de cores.
Estas actividades tiveron moi boa acollida, pasárono moi ben con elas e quedoulles claro o concepto.
Aí vos quedan varias fotos do último exercicio. Xogando, apréndese!
Gustaronme moito as vosas simetrias.Ainhoa.
ResponderEliminar