miércoles, 28 de noviembre de 2018

Visita xurásica

Daquela, cando as persoas e os dinosauros compartían a Terra...
Que nooooonnnn! Que persoas e dinosauros nunca coincidimos. Eles estiveron aquí moito antes.

https://photos.app.goo.gl/f4t5Tfa6DX2r4HsTA

Bueno, si que coincidimos: o martes, na excursión a Pontevedra. Pero esas eran maquetas. Xa vos destes conta, non si?
Foi moi interesante, aprendemos un montón de cousas dos dinosauros e doutros animais que poboaron o noso planeta máis adiante, durante a Idade do Xeo.
Queredes ver as fotos? Que si? Xa o sabía eu!
Pois nada, só hai que facer clic...

Reto: fai un "sistema respiratorio"




Reto: apetécesevos ver este vídeo é facer  un aparato respiratorio?
No faladoiro veremos as vosas  construcións!

viernes, 23 de noviembre de 2018

Ovo en vinagre

Que sucede se metemos un ovo en vinagre durante uns días?
Como non sabíamos a resposta, fixemos a proba.
Collemos un recipiente, o ovo que quedou do anterior experimento (si que nos rendeu!), e vinagre, e a probar, que a ciencia é probar e observar.
https://photos.app.goo.gl/pxx7arRVZPc3i9Qb7

Fixemos as nosas hipóteses (poñerase marrón? poñerase engurrado? escachará?...), e fomos observando os cambios día a día.
Hoxe tocaba mirar o resultado.
O primeiro que observamos é que...cheiraba un montón!
Despois, quitamos o vinagre e puidemos ver que o ovo estaba translúcido e brando.E rebotaba!
Bueno, iso no primeiro intento. No segundo...escachou!
Ao escachar, observamos que aínda que perdeu a casca, tiña unha pel branda que o recubría.
Parece que o vinagre desgasta algúns materiais...
A semana que vén probaremos cun óso!

jueves, 22 de noviembre de 2018

martes, 20 de noviembre de 2018

Simetrías

Durante este trimestre, unha das cousas que estamos traballando en matemáticas é o concepto de simetría.
Para iso fixemos varias actividades:
  • Observar debuxos poñendo un espello no medio, para ver no espello o reflexo simétrico.
  • Dobrar unha folla á metade, recortala e pintala de xeito simétrico.
  • Utilizando unha liña das baldosas do chan como eixe de simetría, realizar unha composición simétrica coas regletas de cores. 

https://photos.app.goo.gl/vrfeJ5WzQpJTd3WJA

Estas actividades tiveron moi boa acollida, pasárono moi ben con elas e quedoulles claro o concepto.
Aí vos quedan varias fotos do último exercicio. Xogando, apréndese! 

lunes, 19 de noviembre de 2018

LIMPEZA DA PRAIA DA CORNA



O alumnado de infantil e primaria limpamos  a Praia da Corna. recollemos todo tipo de lixo, clasificámolo e pesámolo. Sabedes cantos kg de plástico recollemos os segundos? Máis de 7 kg!

viernes, 16 de noviembre de 2018

Experimento sobre densidade

 Dentro da proposta de traballo que vimos de rematar en 2ºA, unha das actividades de Ciencias foi o experimento do ovo flotante. 
Consiste en poñer un ovo en tres vasos dos que un só ten auga, outro auga con dúas culleradas de sal, e outro auga con cinco culleradas de sal.
Fixémolo e observamos que pasaba en cada caso.

https://photos.app.goo.gl/QrGwc4uNwsyiDwK7A
Pincha na imaxe para ver máis fotos do experimento

Despois, recollíamos os resultados na folla de rexistro, indicando se o ovo flotaba, ía para o fondo ou quedaba a medias.
Teño que subliñar que o ovo sobrevivíu a dúas semanas de manipulacións por parte de todo o grupo... Merecemos un aplauso, non? :-)




lunes, 5 de noviembre de 2018

Pum, pum!

O pasado mércores fomos ao Auditorio de Ribeira, para ver unha obra de teatro.
A obra era "Pum, pum!", e o grupo que a representaba chámase Baobab.
https://photos.app.goo.gl/46hCHcTPUF2faciLA

Tratábase dunha nena chamada Marieta, que vivía rodeada de portas. Esas portas eran os seus recordos, e cando se abrían contaban historias que algunha vez lle pasaran a Marieta.
Pero unha das portas gardaba un segredo moi triste, por iso ás veces Marieta non falaba e quedaba calada.
O día que Marieta conseguíu contar ese segredo, librouse do seu peso e puido volver a estar alegre todo o tempo.
A obra gustounos moito. E viaxar no bus os dous segundos xuntos tamén!!