Só precisamos distintos obxectos, que teñan pesos e formas diferentes.
Nós usamos:
- Un folio engurrado.
- Unha goma de borrar.
- Unha pluma de ave.
- Un folio posto de xeito horizontal.
Logo, lanzamos os obxectos ao mesmo tempo desde a mesma altura, poñendo o folio de xeito horizontal.
O obxecto que máis tardou en caer foi a pluma, e iso fíxonos pensar que o peso é moi importante en relación coa velocidade coa que caen os obxectos.
Pero daquela...por que o folio engurrado cae máis rápido que o folio posto horizontal, se os dous pesan o mesmo?
A resposta está no aire (case como na canción de Bob Dylan).
Como non vemos o aire, tendemos a esquecer que está aí, pero as partículas dos gases que o compoñen sosteñen con máis facilidade un folio estirado que un engurrado.
Por iso, se fixésemos o experimento no vacío, unha pluma e un obxecto moi pesado caerían ao mesmo tempo, tal como no seu día demostrou Galileo. Mira, mira!